sorteo de nadalUn ano máis poñemos en marcha a campaña de Nadal de promoción do comercio local de Oza Cesuras.

Dende ASOCE sortearemos varios premios por valor de 2.000 € entre as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados durante as festas de Nadal.

Cada comercio asociado disporá de un número de rifas que poderá entregar aos seus clientes entre as datas sinaladas.

Os premios serán repartidos da seguinte maneira:

  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 1º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 1000 €
  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 2º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 600 €
  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 3º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 400 €

Para reclamar os premios abrirase un prazo de 15 días dende a celebración do sorteo de Lotería do Neno 2016. Aos gañadores faráselles entrega de vales de 50 € para que gasten en calquera dos negocios asociados a ASOCE.

¡Nos próximos días publicaremos as bases da campaña con todos os detalles!