tapatour16infoCoincidindo coa festa de Santa Cecilia, o 26 de novembro comeza no concello o evento Tapa Tour OzaCesuras 2016, un concurso gastronómico no que degustar as tapas dos 12 establecementos adheridos e gañar algún dos PREMIOS que temos preparados.

¿Cando é o evento?

Desenrolarase os fines de semana do 26 e 27 de Novembro, e do 3 e 4 de Decembro de 2016.

¿Como participar no Tapa Tour OzaCesuras 2016?

Faite cunha cartilla nalgún dos establecementos participantes e tapea por OzaCesuras. Pide que cada establecemento che poña o seu selo ó tomar a tapa do concurso. Cando teñas todos os selos, vota polas túas tapas favoritas: TRADICIONAL e CREATIVA. Deixa a tarxeta na urna de calquera local adherido e participa no sorteo. Non esquezas poñer os teus datos de contacto.

¿Que establecementos participan?

Importante, tes que coñecer quen participa no concurso para gañar algún  dos premios. Apunta:

Taberna O Cruceiro Hotel Parrillada TerraNova
Café Bar O Cruce Restaurante El Moderno
Cervecería Kloos Cervecería La Unión
Bar O Crecho O Argallante
Restaurante A de Maruja Restaurante Ferreño
Bar Loureda Restaurante Casa Presedo

 

¿Cales son os premios?

1º Premio: CRUCERO POLO MEDITERRANEO PARA 2 PERSONAS DURANTE 7 DÍAS.
2º Premio: ESTANCIA NUN BALNEARIO GALEGO PARA 2 PERSONAS.

¿Cando se fará o sorteo dos premios?

O sorteo farase o domingo día 4 de decembro do 2016, a partir das 20:30 horas.

 

¡¡¡¡¡ Todos a OzaCesuras !!!!!

Moita sorte a todos os participantes, e como sempre, tedes máis información na nosa páxina do Facebook.