O dia 6 de xaneiro de 2017 é o día que se realiza o Sorteo do Neno. Coincidindo con esa data, en ASOCE sortearanse 3 premios.

O 1º premio será un CHEQUE REGALO de 1000 €, o 2º premio un CHEQUE REGALO de 500 € e o 3ºpremio será un CHEQUE REGALO de 500 €.

 

Mecánica do sorteo

A cada negocio/autónomo/comerciante asociado entregaráselle varios talonarios, para que sexa repartido entre os seus clientes.

As rifas deben repartirse co selo do negocio ou con algún dato importante para que o cliente sepa donde lle tocou.

As rifas comenzarán a repartirse a partir do día 19 de decembro de 2016 ata o día 5 de xaneiro de 2017.

Polo tanto,

  1. Existen 4 oportunidades por cada rifa.
  2. O número ten que coincidir nas suas 5 cifras co número premiado, ben sexa o 1º, o 2º ou o 3º.
  3. Deben comprobala o día de Reis e se resultou gañador, avisar nalgún establecemento de ASOCE.
  4. So hai 15 días para reclamar o premio. Pasado ese periodo marcado non se aceptarán reclamacións.

 

¿Como comprobar a rifa?

Os clientes comprobarán a súa rifa, se resulta que algún dos números que figure na rifa coincide con algún dos números que sairon (1º premio, 2º premio ou 3º premio) deberá acudir a algún establecemento ASOCE ou contactar con calquer membro da directiva de ASOCE e identificarse como gañador ou gañadora do CHEQUE REGALO.

 

Agraciado/a

A persoa agraciada acudirá ou fará saber ó negocio que lla entregou que gañou. Tomaránselle os datos e un teléfono de contacto para que posteriormente poidamos contactar con dita persoa dende a asociación.

 

Condicións indispensables para recibir o premio

  • A persoa ten que estar disposta a recibir o premio, aceptar posar para as fotos que farán os membros de ASOCE para os medios de comunicación e gastar o CHEQUE REGALO no prazo determinado.
  • O premio so pode gastarse nos comercios e establecementos asociados a ASOCE, en ningún caso se canxeará o cheque por diñeiro en efectivo nin tampouco se poderá gastar fora do prazo establecido.

 

¿Como gastar o premio?

A persoa afortunada co cheque regalo de 1000 €, recibirá 20 papeletas de 50 €. A persoa afortunada co 2º premio recibirá 10 papeletas de 50 € e o 3º premio, recibirá 10 papeletas de 50 €.

Con esas papeletas pode pagar os productos ou servizos que merque en calquera dos negocios asociados.

¡IMPORTANTE! O mínimo a gastar no negocio escollido son 50 €. Agora poñamos un par de exemplos para entendelo mais fácilmente:

  1. Supoñase gañador do 2º premio. (500 euros, e dicir, 10 papeletas de 50 €). Vostede acude a mercar un producto ou un servizo que costa 200 € , cando vaia a pagar tera que entregarlle o vendedor 4 papeletas. Vostede inda pode acudir a outros negocios a mercar, xa que ainda lle quedan 6 papeletas de 50€.
  2. Se o cliente decide facer un gasto de 30 €, e paga con unha papeleta de 50 €. O vendedor NON devolverá a diferencia. Co cal, o comprador debe intentar mercar outro producto ou servizo por valor de 20 €. No suposto caso de que se negue, perderá na operación ese importe.

Na parte de atrás da papeleta, irán todos os negocios que están asociados para que o gañador/a os teña visibles.

 

Condicións

Nas rifas aparece a validez das mismas: 15 dias. Convén recordar que unha vez superado este plazo non se podera reclamar o premio.

Por último, se non aparece ningunha das tres persoas agraciadas o premio considerarase como nulo. Non haberá números reserva nin prórrogas.