Xa publicamos o segundo número da nosa publicación interna da asociación. Podes descargar unha copia dixital en PDF dende este artículo.

Como sabedes, no noso xornal podes atopar todas as noticias e eventos nos que estivemos involucrados. É unha forma rápida e cómoda de coñecer as accións que levamos a cabo, para que os nosos asociados e os seus clientes coñezan de primeria man os esforzos por dinamizar o comercio en Oza-Cesuras.

Neste número dous do xornal falamos do impacto tan positivo que tivemos co TapaTour 2016, a campaña de Navidad na que premiaremos ós nosos clientes, e o próximo cambio de directiva da asociación tras 3 anos de duros esforzos dende a súa creación.

E si todo esto non é motivo suficiente para que o descargues, lembra que atoparás no xornal en PDF unha folla con todos os comercios e autónomos que forman parte da asociación e os seus números de teléfono. Unha forma moi cómoda de atopalos e contactar con eles, se é que ainda non os tes gravados nos contactos do teu móbil.

Descargar documento PDF

Esperamos que disfrutes coa lectura do xornal, e desexarvos de novo un feliz ano 2017 cheo de alegría e ilusións.