O dia 6 de xaneiro de 2020 é o día que se realiza o Sorteo do Neno. Coincidindo con esa data, en ASOCE sortearanse 3 premios.

O 1º premio será un CHEQUE REGALO de 1000 €, o 2º premio un CHEQUE REGALO de 600 € e o 3ºpremio será un CHEQUE REGALO de 400 €.

 

Mecánica do sorteo

A cada negocio/autónomo/comerciante asociado entregaráselle varios talonarios, para que sexa repartido entre os seus clientes.

As rifas deben repartirse co selo do negocio ou con algún dato importante para que o cliente sepa donde lle tocou.

As rifas comenzarán a repartirse a partir do día 16 de decembro de 2019 ata o día 5 de xaneiro de 2020.

Polo tanto,

  1. Existen 4 oportunidades por cada rifa.
  2. O número ten que coincidir nas suas 5 cifras co número premiado, ben sexa o 1º, o 2º ou o 3º.
  3. Deben comprobala o día de Reis e se resultou gañador, avisar nalgún establecemento de ASOCE.
  4. So hai 15 días para reclamar o premio. Pasado ese periodo marcado non se aceptarán reclamacións.
  5. Dende o momento que se entreguen os vales ós afortunados, éstes terán un plazo de 15 días para facer uso dos vales nos establecementos asociados.

 

¿Como comprobar a rifa?

Os clientes comprobarán a súa rifa, se resulta que algún dos números que figure na rifa coincide con algún dos números que sairon (1º premio, 2º premio ou 3º premio) deberá acudir a algún establecemento ASOCE ou contactar con calquer membro da directiva de ASOCE e identificarse como gañador ou gañadora do CHEQUE REGALO.

 

Agraciado/a

A persoa agraciada acudirá ou fará saber ó negocio que lla entregou que gañou. Tomaránselle os datos e un teléfono de contacto para que posteriormente poidamos contactar con dita persoa dende a asociación.

A entrega dos vales farase o día 22 se xaneiro ás 20:30 no local de ASOCE.

 

Condicións indispensables para recibir o premio

  • A persoa ten que estar disposta a recibir o premio, aceptar posar para as fotos que farán os membros de ASOCE para os medios de comunicación e gastar o CHEQUE REGALO no prazo determinado.
  • O premio so pode gastarse nos comercios e establecementos asociados a ASOCE, en ningún caso se canxeará o cheque por diñeiro en efectivo nin tampouco se poderá gastar fora do prazo establecido (15 días dende a entrega dos vales). No momento de entregar os vales darase un listado cos establecementos membros de Asoce.

 

¿Como gastar o premio?

A persoa afortunada co cheque regalo de 1000 €, recibirá 20 papeletas de 50 €.

A persoa afortunada co 2º premio recibirá 12 papeletas de 50 €.

O 3º premio, recibirá 8 papeletas de 50 €.

Con esas papeletas pode pagar os productos ou servizos que merque en calquera dos negocios asociados.

 

¡IMPORTANTE!

O mínimo a gastar no negocio escollido son 50 €. Agora poñamos un par de exemplos para entendelo mais fácilmente:

  1. Supoñase gañador do 2º premio. (600 euros, e dicir, 12 papeletas de 50 €). Vostede acude a mercar un producto ou un servizo que costa 200 € , cando vaia a pagar terá que entregarlle ó vendedor 4 papeletas. Vostede inda pode acudir a outros negocios a mercar, xa que ainda lle quedan 8 papeletas de 50€.
  2. Se o cliente decide facer un gasto de 30 €, e paga cunha papeleta de 50 €. O vendedor NON devolverá a diferencia. Co cal, o comprador debe intentar mercar outro producto ou servizo por valor de 20 €. No suposto caso de que se negue, perderá na operación ese importe.

 

Condicións

Nas rifas aparece a validez das mismas: 15 dias. Convén recordar que unha vez superado este plazo non se poderá reclamar o premio.

Unha vez entregados os vales ós afortunados, terán un plazo de 15 días para gastar os vales nos establecementos. Unha vez pasado ese plazo ningún establecemento deberá aceptar os vales.

Os establecementos que teñan vales que gastaron os premiados, terán ata o 28 de febreiro para entregar as facturas xunto cos vales a ASOCE para o seu posterior cobro.

Unha vez transcurrido ese plazo, ASOCE non estará obligado a aceptar ninguna factura. Polo que será o propio establecemento o que perda o importe dos vales.

Por último, se non aparece ningunha das tres persoas agraciadas o premio considerarase como nulo. Non haberá números reserva nin prórrogas.