Podes ver aos gañadores do sorteo de Verán 2020 neste enlace.

Participa no noso sorteo de verán e consigue vales de ata 500€!!!

Merca ou consume en calquera dos nosos establecementos asociados do 15 de xulio ao 30 de agosto, e conseguirás boletos para participar no sorteo. A que estás agardando?

Mecánica do sorteo

A cada cliente que faga unha compra ou unha consumición nos locales asociados se lle fará entrega de un (ou máis) boletos de participación, decida cada local. Estes boletos deberán estar debidamente sellados polo establecento, e o cliente deberá cubrilo con seu nome, apelidos e teléfono de forma lexible.

ASOCE facilitará o 15 de xulio tanto boletos como urnas precintadas onde depositalos aos establecementos participantes. O plazo para depositar boletos finalizará na noite do día 30 de agosto.

Seguidamente, o día 7 de setembro as 20:30 horas farase o sorteo ante o Xuiz de Paz D. Manuel Álvarez Alonso e 4 membros da directiva. Os premios a otorgar (por orden de sorteo) serán:

  • 1º premio de 500€ en vales
  • 2º premio de 300€ en vales
  • 12 premios de 100€ en vales

Os gañadores serán comunicados por teléfono no momento do sorteo, e terán un plazo de 24 horas para aceptar o premio, que será entregado o viernes día 11 de setembro as 20:30 horas no mesmo local de ASOCE.

O plazo para canxear os vales será dende o luns día 14 de setembro ata o mércores día 30 de setembro, ainda que os establecementos poderán flexibilizar as datas de forma individual.

Para máis información, recomendamos ler as bases do sorteo por completo.

Moita sorte e… Feliz verán!!!