Descubre o noso novo sorteo de primaveira!!! Ven a visitar o concello de Oza-Cesuras e gaña tarxetas-experiencia.

Mecánica do sorteo

ASOCE facilitará a todos os comercios participantes furnas precintadas e rifas a cubrir. O reparto das rifas farase entre os días 1 e o 31 de Maio de 2022, percibindo cada cliente unha rifa por compra ou consumición.

Os participantes deberán cubrir a sua rifa cos seus datos (debe ser maior de idade) e introducila en calquera das furnas dispoñibles.


Sorteo

O xoves 9 de Xuño de 2022, ás 20.30 horas xuntaranse todas as rifas das urnas recollidas dos establecementos, e o Xuíz de Paz D. Manuél Álvarez Alonso procederá a retirar unha a unha 14 rifas, adxudicando a cada unha de elas as tarxetas-experiencia que se sortean.

Tras este proceso, realizarase outra ronda de 14 rifas e serán asignadas como suplentes no mesmo orden que o anterior.


Entrega de premios

Os premiados no sorteo serán contactados telefónicamente o día seguinte e terán 24 horas para aceptar o premio. En caso de rexeitalo, ofrecerase o premio ao suplente correspondente e terá o mesmo tempo para a súa aceptación.

Os premiados deberanse achegar ao noso local o martes 14 de Xuño ás 20.30 horas para recibir o seu premio.

Para máis información, recomendamos ler as bases do sorteo por completo.

Moita sorte a todos!!!