O pasado Xoves 11 de maio convidamos a todos os nosos asociados a un pincho informal no propio local da asociación, e desta forma coñecernos un pouco de maneira informal.

O obxectivo era obter ideas de todos os membros que asistiron para dinamizar e facer coñecer a asociación e, aproveitando a ocasión, celebrar una Asamblea Xeral.

Pois dende a asociación cremos que foi todo un éxito!! Achegáronse ao evento cerca de 50 persoas cos que foi un placer charlar e pasar unha tarde moi agradable. Grazas a todos por vir e aportar o voso gran de area.

Queredes ver algunhas imaxes? Pois na seguinte ligazón de Instagram podedes ver un resumen do evento.

https://www.instagram.com/reel/CsLXFrjgUHc/?igshid=NjZiM2M3MzIxNA==