Súper de confianza de alimentación e droguería. Abren os sábados todo o dia e domingos e festivos pola mañá. Especialidade en carnes, que reparten a domicilio sen custo e envían a calquer destino nacional en 24 horas, cun servizo integrado en frío porta a porta. Preparan pizzas e asados por encargo. Á fronte, Berta e José Antonio, atendendo de maneira familiar dende o ano 2002.