Coincidindo coa festa de Santa Cecilia, o 26 de novembro comeza no concello o evento Tapa Tour OzaCesuras 2016, un concurso gastronómico no que degustar as tapas dos 12 establecementos adheridos e gañar algún dos PREMIOS que temos preparados.
¿Cando é o evento?
Desenrolarase os fines de semana do 26 e 27 de Novembro, e do 3 e 4 de Decembro de 2016.
¿Como participar no Tapa Tour OzaCesuras 2016?
Faite cunha cartilla nalgún dos establecementos participantes e tapea por OzaCesuras. Pide que cada establecemento che poña o seu selo ó tomar a tapa do concurso. Cando teñas todos os selos, vota polas túas tapas favoritas: TRADICIONAL e CREATIVA. Deixa a tarxeta na urna de calquera local adherido e participa no sorteo. Non esquezas poñer os teus datos de contacto.
¿Que establecementos participan?
Importante, tes que coñecer quen participa no concurso para gañar algún dos premios. Apunta:
¿Cales son os premios?
1º Premio: CRUCERO POLO MEDITERRANEO PARA 2 PERSONAS DURANTE 7 DÍAS.
2º Premio: ESTANCIA NUN BALNEARIO GALEGO PARA 2 PERSONAS.
¿Cando se fará o sorteo dos premios?
O sorteo farase o domingo día 4 de decembro do 2016, a partir das 20:30 horas.
¡¡¡¡¡ Todos a OzaCesuras !!!!!
Moita sorte a todos os participantes, e como sempre, tedes máis información na nosa páxina do Facebook.