Sorteo-Nadal-2020-Titulo

Sorteo de Nadal 2020

Podes ver aos nosos gañadores do sorteo de Nadal 2020 no seguinte enlace.

Volve o noso sorteo de Nadal coa axuda nosos asociados. Podes participar dende o 1 de decembro de 2020 ata o 5 de xaneiro de 2020.

O 1º premio será un VALE por 500 €, o 2º premio un VALE por 300 € e haberá 12 premios máis de 100€ en VALES.

Mecánica do sorteo

A cada negocio/autónomo/comerciante asociado entregaráselle varios talonarios, para que sexa repartido entre os seus clientes.

Os boletos deben repartirse co selo do negocio ou con algún dato importante para saber onde foi adquirido.

Os boletos comenzarán a repartirse a partir do día 1 de decembro de 2020 ata o día 5 de xaneiro de 2021.

Cada boleto cubierto cos datos de contacto do cliente, deberá ser introducido nunha das urnas facilitadas aos comercios adehridos antes da data límite.

Sorteo

O día 12 de xaneiro de 2021 ás 20:30 horas xuntaranse todos os boletos das urnas recollidas nunha única. De ahí o Xuíz de Paz extraerá por orden 1 boleto para o 1º premio, 1 boleto para o 2º premio e 12 máis para o resto de premios. A continuación realizará a mesma maniobra para obter os suplentes dos premiados.

Os agraciados serán contactados naquel momento e terán 24 horas para aceptar ou declinar o premio.  A entraga dos premios será o día 15 de xaneiro ás 20:30 horas no local de ASOCE.

Condicións indispensables para recibir o premio

  • A persoa ten que estar disposta a recibir o premio, aceptar posar para as fotos que farán os membros de ASOCE para os medios de comunicación e gastar o VALE antes do 30 de xaneiro de 2021.
  • O premio so pode gastarse nos comercios e establecementos asociados a ASOCE, en ningún caso se canxeará o VALE por diñeiro en efectivo nin tampouco se poderá gastar fora do prazo establecido.

Para máis información, recomendamos ler as bases do sorteo por completo.

Moita sorte, e felices festas!!!!

Os comentarios están pechados.