Hai pouco que cambiamos a directiva da asociación. E pensamos que sería boa idea dar a coñecer a nova cúpula, tomar algo xuntos e debatir as novas ideas que traen para dinamizar ASOCE.
Quen é a nova directiva, logo? Pois somos Belén de Rutas turismo Oza-Cesuras, Virginia e María de Gasolinera Galp Claudio A regueira e Pepa de Pepa Zelada arquitectura rural.
Pensamos que sería interesante facer un pincho na propia asociación o Xoves 11 de Maio ás 20:00 e así coñecernos un pouco, que nos compartades as vosas necesidades, recoller novas ideas e compartir as nosas. Cremos que entre todos podemos facer unha asociación útil para todos e para Oza-Cesuras.
De paso que facemos esta xuntanza informal, aproveitaremos para convocar unha Asamblea Xeral o mesmo día (1ª convocatoria ás 20:00, 2ª convocatoria ás 20:30) coa seguinte orde do día:
- Presentación da nova directiva.
- Exposición de intencións e ideas da nova directiva.
- Exposición por parte dos socios de necesidades e ideas de iniciativas a poñer en marcha.
- Invitación a compañeiros do concello a asociarse a ASOCE.
Agardamos por ti. Ata pronto!!