Fame por voltar por Oza-Cesuras? Pois aproveita, porque vai comenzar o noso quinto Tapa Tour, cun primer premio valorado en 2.000€ ¡Infórmate xa!
Os días 17, 18, 24 e 25 de novembro, así como os días 1 e 2 de decembro de 2023 terá lugar o noso concurso Tapa Tour Oza-Cesuras, onde os nosos restaurantes e cafeterías asociados prepararán unhas fabulosas tapas para a ocasión.
Ven a tomar algo e participa no concurso para gañar importantes premios e degustar as creacións máis especiais.
Se queres máis información, podes botar unha ollada as nosas Bases do concurso, onde te informamos dos establecementos participantes e os premios que podes gañar.
Tamén fixemos un mapa con todos os negocios participantes. Así terás nunha ollada os sitios onde podes participar. E se estás vendo este artigo dende o teu ordenador, escanea o código QR seguinte para levalo ao teu móbil.
Se queres coñecer as tapas que están en concuro, podes consultar o artigo Tapas do V Tapa Tour Oza-Cesuras na nosa web, con fotos e ingredientes. Unha delicia…
Tamén podes consultar os alérxenos das tapas no documento PDF que deixamos a vosa disposición.
Como tódolos anos, moita sorte e bó proveito!!!