Empresa familiar, que leva traballando dende os anos sesenta.
Foguetes para as festas, bombas de palenque e todo tipo de artiluxios de pirotecnia. José Antonio Dopico, José Ángel López e Ángel Bolaño traballan para poñer o broche final a festas coma as de Betanzos, Ares ou Sarria.
HISTORIA

A pirotecnia Hermanos López nace en Oza Cesuras no ano 1960, co primeiro nome de Irmáns López Manteiga. Por aquel entón, contaban xa cunha experiencia de mais de 15 anos, debido ás circunstancias e
situacións vividas desde unha temprana idade, no mundo da pirotecnia.
Despois de trinta anos de traballo en comun, aos poucos os tres irmáns van cedendo os coñecementos aos seus sucesores máis directos.
Actualmente, a empresa está en mans dos sucesores dos tres irmáns, que decidiron crear a sociedade limitada Fuegos Artificiales Hnos. López, contando así con renovados aires e intentado elevar a calidade da pirotecnia en todos os campos, tomando parte en diversos disparos a nivel exhibición.
No ano 1997, se acomete unha remodelación e ampliación de fabrica, así como a introdución dos sistemas máis modernos tanto para a fabricacion como para o disparo de lumes artificiais.