QUEN SOMOS - coñécenos
A nosa filosofía
Xente de Oza Cesuras traballando para fomentar os negocios locais e poñer o concello no mapa. Os nomes son o de menos, o importante é a dedicación e as ganas de facer cousas. O equipo está formado por xente multidisciplinar, con experiencia empresarial de todo tipo e de sectores moi diversos, para tratar de comprender e poder axudar mellor aos nosos compañeiros.
A nosa misión
Contribuír a mellorar os servizos que damos aos nosos clientes e amigos, sempre baixo a filosofía de pensar ao grande e, ao mesmo tempo, mercar ao pequeno. Aprendemos un pouco máis cada día e estamos abertos á participación dos veciños e veciñas e admitimos suxerencias para mellorar. Se queres asociarte ou poñerte en contacto con nós, escríbenos a asoceozacesuras@gmail.com.
O equipo directivo
- Presidenta: María José Zelada Tomé – Arquitecta rural
- Vicepresidenta:Virginia García Signes – Estación servicio Galp A Regueira
- Secretaria: Belén Martínez Sánchez – Rutas_Turismo_OzaCesuras
- Tesoureira: María Eugenia López Mosteiro – Estación servicio Galp A Regueira