O luns 08 de maio de 2023 publicouse a ORDE do 24 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Convócanse para o ano 2023 e ábrese o prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa teñen de prazo desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de setembro de 2023.

Poderán consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioV0653-260423-0025_gl.pdf