AsoceVector

Proximamente dará comezo a campaña de verán 2016 de ASOCE

No mes de xullo poñemAsoceVectoros en marcha a campaña de verán de promoción do comercio local de Oza Cesuras.

Dende ASOCE sortearemos varios premios por un valor total de 1.200 € entre as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados entre o 1 o 20 de xullo.

Cada comercio asociado disporá dun número de rifas que poderá entregar aos seus clientes entre as datas sinaladas. Por cada compra que se realice nos locais asociados a Asoce nese periodo entregaranse rifas aos clientes para poder participar no sorteo.

Cómo podes participar no sorteo de premios?

  • Fai as túas compras nos comercios asociados a ASOCE.
  • As tendas, comercios e asociados de ASOCE entregarán as rifas aos clientes entre o 1 e o 2 de xullo.
  • O 1 de agosto realizarase o sorteo ante o xuiz de paz do Concello de Oza Cesuras.
  • Haberá 6 números premiados, que se publicarán na paxina de Facebook de ASOCE e en carteis nos comercios e tendas asociadas.
  • As persoas con rifas premiadas terán 20 días dende o 1 de agosto para reclamar os seus premios.
  • As persoas con rifas premiadas terán que presentalas para a súa verificación. Se éstas presentan algún dano ou se aprecian modificacións daranse por nulas.
  • Ás persoas gañadoras faráselles entrega de vales de diferentes cantidades para que gasten en calquera dos negocios asociados a ASOCE.

Compra en Oza Cesuras e poderás levar un cheque regalo para gastar no que ti queiras!!

Máis información na nosa páxina de Facebook.

 

Premiados na Campaña de Nadal de Asoce

A Asociación de Comerciantes de Oza Cesuras (Asoce) sorteaba entre os seus clientes 2.000 euros. O número da rifa tiña que coincidir con algún dos tres primeiros premios da Lotaría de Reis. Estes son os premios e os lugares onde se entregaron:

1º PREMIO —> 22654 —> rifa repartida por Restaurante El Moderno
2º PREMIO —> 60755 —> rifa repartida por Electricidad David Pita López
3º PREMIO —> 95395 —> rifa repartida por Talleres Codesal.

O gañador ou gañadora do primeiro premio será agraciado con 1.000 euros, o segundo, con 600 e para o terceiro hai 400 euros.

Para recibir o premio hai que presentar a rifa co número gañador. Os premios están repartidos en vales de 50 euros cada un para gastar nos negocios que forman parte de Asoce. Caduca aos 15 días.

nadal

Campaña de Nadal de promoción do comercio local

sorteo de nadalUn ano máis poñemos en marcha a campaña de Nadal de promoción do comercio local de Oza Cesuras.

Dende ASOCE sortearemos varios premios por valor de 2.000 € entre as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados durante as festas de Nadal.

Cada comercio asociado disporá de un número de rifas que poderá entregar aos seus clientes entre as datas sinaladas.

Os premios serán repartidos da seguinte maneira:

  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 1º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 1000 €
  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 2º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 600 €
  • o posuidor da rifa cuxo número coincida co 3º premio do sorteo da Lotería do Neno 2016 resultará premiado con 400 €

Para reclamar os premios abrirase un prazo de 15 días dende a celebración do sorteo de Lotería do Neno 2016. Aos gañadores faráselles entrega de vales de 50 € para que gasten en calquera dos negocios asociados a ASOCE.

¡Nos próximos días publicaremos as bases da campaña con todos os detalles!