AsoceVector

Proximamente dará comezo a campaña de verán 2016 de ASOCE

No mes de xullo poñemAsoceVectoros en marcha a campaña de verán de promoción do comercio local de Oza Cesuras.

Dende ASOCE sortearemos varios premios por un valor total de 1.200 € entre as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados entre o 1 o 20 de xullo.

Cada comercio asociado disporá dun número de rifas que poderá entregar aos seus clientes entre as datas sinaladas. Por cada compra que se realice nos locais asociados a Asoce nese periodo entregaranse rifas aos clientes para poder participar no sorteo.

Cómo podes participar no sorteo de premios?

  • Fai as túas compras nos comercios asociados a ASOCE.
  • As tendas, comercios e asociados de ASOCE entregarán as rifas aos clientes entre o 1 e o 2 de xullo.
  • O 1 de agosto realizarase o sorteo ante o xuiz de paz do Concello de Oza Cesuras.
  • Haberá 6 números premiados, que se publicarán na paxina de Facebook de ASOCE e en carteis nos comercios e tendas asociadas.
  • As persoas con rifas premiadas terán 20 días dende o 1 de agosto para reclamar os seus premios.
  • As persoas con rifas premiadas terán que presentalas para a súa verificación. Se éstas presentan algún dano ou se aprecian modificacións daranse por nulas.
  • Ás persoas gañadoras faráselles entrega de vales de diferentes cantidades para que gasten en calquera dos negocios asociados a ASOCE.

Compra en Oza Cesuras e poderás levar un cheque regalo para gastar no que ti queiras!!

Máis información na nosa páxina de Facebook.

 

Etiquetas: Sen etiquetas

Add a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *